Ir o contido principal

SANEAMENTO EN COBOS-PACIOS

SANEAMENTO EN COBOS-PACIOS

SANEAMENTO EN COBOS-PACIOS

O Concello de Begonte en maio deste ano solicitou por medio do procedemento (AU300A) publicado por Augas de Galicia no que se aprobaban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro da liña de actuación de Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración, para a obra de Saneamento en Cobos - Pacios.

Recibida de Augas de Galicia a resolución de concesión en xullo 2021, iniciouse o procedemento para a contratación e realización da obra obxecto da subvención.

A actuación ubícase no lugar de Cobos - Pacios, situado no entorno da estrada N-VI  e a Autovía A-6. Está zona dispoñía dun pequeno tramo de rede de saneamento conectado a red xeral que discorre paralelamente á estrada N-VI. Salvo as casas próximas o colector, as vivendas da zona carecían de rede de saneamento o cal subsánase ca obra realizada.

A obra está financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.