Ir o contido principal

Blog Style 01

PROGRAMA DE NADAL 2019/2020
admin
0

O Concello de Begonte presenta o Programa de Nadal 2019/2020, cunha variedade de actividades para todos os públicos e campamento de nadal para os máis pequenos (de 3 a 13 anos) co obxectivo de facilitar a conciliación familiar nestas datas.

Consulta máis información nos seguintes enlaces:

O programa Aquí Galicia da TVG en directo dende Begonte
admin
0

Este sábado, día 14 de decembro... o programa Aquí Galicia da TVG farase en directo dende a Praza do Concello de Begonte, dende as 16:30h ata as 19:30h.

Achégate e desfruta das actuacións en vivo: música, baile, gastronomía e moito máis!!

Cartel
admin
0

O Concello de Begonte organiza, un ano máis, a CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS en favor de todas aquelas familias do noso entorno que o están a pasar mal.

Esta campaña permanecerá dende hoxe, xoves día 5, ata o próximo venres día 20 de decembro.

📍Punto de recollida: Casa do Concello de Begonte.
⏰ Horario: de 9:00h a 14:30h.

¡ FAGAMOS POSIBLE UN BO NADAL PARA TOD@S! 👨‍👩‍👧‍👦

Grazas pola colaboración 😊

O BELÉN DE BEGONTE MARCA UN ANO MÁIS O INICIO DO NADAL
admin
0

O Belén de Begonte, declarado Festa de Interese Turístico Galego, abre as súas portas un ano máis o xoves día 5 de decembro.