Ir o contido principal

Blog Style 01

8m
admin
0

💜 Con motivo da conmemoración do Día Internacional da muller, o 𝑪𝒐𝒏𝒄𝒆𝒍𝒍𝒐 𝒅𝒆 𝑩𝒆𝒈𝒐𝒏𝒕𝒆 convida a toda a veciñanza á presentación da campaña "Igualdade a ollos da sabedoría e da inocencia", unha serie de vídeos curtos nos que participaron maiores 👴👵🏼 e nenos/as 👦🏼👧 de distintas parroquias do noso Concello. 

A cita é mañá, ás ⏰ 19.30h na Casa da Cultura de Begonte, nun acto aberto no que contamos con todos/as vós!  

viaxe lalin
admin
0

O vindeiro luns día 𝟏 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 lévate de excursión a Lalín, onde ademais poderemos visitar o Santuario da Virxe do Corpiño ⛪️, o Museo do astrónomo Ramón María Aller 🔭 e degustar un bo cocido galego 🐷 seguido da tradicional queimada.🔥

🎫 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐨𝐬: 𝟒𝟓€

🎫 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐨𝐬: 𝟓𝟓€

𝟓𝟎 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 (por rigorosa orde de inscrición no Concello ata o mércores 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨).

centenario
admin
0

O pasado sábado, a nosa veciña de Virís, Javiera Arias Codesal, celebrou o seu centenario de vida e o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 quixo estar presente neste día tan especial.

O alcalde, José Ulla, e a Concelleira de Cultura, Sonia Varela, desprazáronse ata a súa casa 🏠 para entregarlle un agasallo 🎁 de parte de todos os veciños e veciñas de Begonte.

MOITOS PARABÉNS!! 😘👏

primeiros auxilios
admin
0

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 a través da Escola Galega de Saúde organiza un taller de 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐚𝐮𝐱𝐢𝐥𝐢𝐨𝐬 ❤️ dirixido á poboación en xeral 👨‍👩‍👧‍👦.

A formación será impartida por 👩‍🏫 Marta Fernandez López , DUE asistencial Base de Lugo, FPUS 061 Galicia.

𝐎𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬:

🔸Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos.

entroido
entroido
entroido
entroido
admin
0

Mañá sábado día 𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟒, a partir das ⏰𝟏𝟔.𝟑𝟎𝐡 celebrarase o tradicional desfile de disfraces e comparsas organizado polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞.

Este ano con récord de participación 🤩 cun total de 54 inscrit@s nas diferentes categorías! 👏👏

Nas imaxes, detallamos a orde de desfile.

Agardámosvos no Pavillón Municipal de Baamonde!