Ir o contido principal

Blog Style 01

Liga Padel 23 24
admin
0

Queres coñecer xente 🤝 e desfrutar todo o ano do pádel? 😃

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 organiza a segunda edición da Liga de Pádel para todas aquelas persoas que desexen ter un partido á semana 🏋️, gozar deste deporte con parellas diferentes 😃, coñecer xente 👥 e desfrutar do deporte! 🏆

📝 Inscrición aberta ata o 6 de outubro.

📖 Consulta as bases en: www.concellodebegonte.es/basesligadepadel

axudas
admin
0

É obxecto desta convocatoria a regulación da concesión de subvencións establecidas polo concello de Begonte e destinadas ao fomento de construcción de obra nova ou de conservación e rehabilitación de vivenda no termo municipal de Begonte, co obxectivo final da mellora da edificación e contribución á reactivación económica do municipio e fixación da poboación.  

doa sangue
admin
0

A unidade móbil da Axencia galega de doación de órganos e sangue estará en 𝗕𝗲𝗴𝗼𝗻𝘁𝗲 o 📆 martes, día 5️⃣ de setembro, diante da oficina do Consorcio (en fronte de ABanca) en horario ⏰ de 10:00h. a 12:00h.

Se tes máis de 👱🏼‍♂️👩🏻 18 anos e pesas máis de ⚖️ 50Kg, só precisas 🕰 10 minutos da túa vida ❤️para salvar a de outros/as 🩺.

padel
admin
0

Finalizou o III TORNEO DE PÁDEL organizado polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 cos seguintes resultados.

🏆 Cadro de Honra:

🥇 CAMPIÓNS: Samuel/Javi
🥈 SUBCAMPIÓNS: Davinia/Noé


🎖 Cadro de Consolación:

🥇 CAMPIÓNS: Marcos/Brais
🥈 SUBCAMPIÓNS: Rony/Maroto

obras begonte
admin
0

O Concello comezou as obras de dotación de beirarrúas e zonas de aparcadoiro 🚗 en ambas marxes da estrada 🛣️ Lu-P 0801, no tramo urbano do barrio de Quitimil, en Begonte.

Con esta actuación, financiada ó 100% polo Concello de Begonte, renovaranse as canalizacións de auga 💧, saneamento e tamén se contempla o soterrado da liña eléctrica ⚡️. 

Rogamos desculpen as molestias que estas obras poidan ocasionar.