Ir o contido principal

Blog Style 01

DÍA DE SAN PEDRO 2020
admin
0

Aínda que este ano non o vivimos como ven sendo habitual, moi pronto volveremos a desfrutar das nosas festas acompañados de familiares e amig@s.

A solidaridade, amabilidade e comportamento exemplar que caracteriza á xente de Begonte fará que todos xuntos saiamos adiante desta situación que conta os días para chegar ó seu fin.

Veciños, veciñas... FELIZ SAN PEDRO 2020! 🥳

PUNTOS DE DESINFECCIÓN
admin
0

O Concello de Begonte está a colocar puntos de desinfección para continuar extremando as medidas de seguridade ante a propagación do COVID-19.

Os lugares onde se ubicarán ditos puntos serán:

🔹Centro de saúde de Begonte.
🔸Centro de saúde de Baamonde.
🔹CEIP Virxe do Corpiño (Begonte).
🔸CEIP de Baamonde.
🔹Club Fluvial de Begonte.
🔸CERCUD de Baamonde.
🔹En todas as instalacións municipais.

APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS
APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS
APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS
admin
0

O Concello de Begonte reabre os parques infantís despois do levantamento do estado de alarma 🚨 na comunidade galega.

Como medidas de prevención e seguridade, colocaranse puntos de desinfección📍para as mans, ademais da desinfección diaria de todas as zonas dos parques por parte de persoal do concello 🎡.

LIMPEZA E DESINFECCIÓN GRATUÍTA DE VEHÍCULOS MEDIANTE OZONO
admin
0

O próximo venres día 📅 19 de xuño levarase a cabo na Praza Irmáns Souto Montenegro, nas inmediacións do Concello de Begonte, a limpeza e desinfección gratuíta de vehículos 🚙 mediante ozono para todos aqueles veciños e veciñas que o desexen.

Para poder acudir, será imprescindle solicitar cita previa chamando ás dependencias do concello ☎️ 982 39 61 43.

www.concellodebegonte.es