Ir o contido principal

Blog Style 01

Posta en marcha da rede de fibra no Concello de Begonte
admin
0

Tras a reunión 📃 entre o responsable de zona de Adamo, David Llano, e o rexedor municipal 🏫, José Ulla, póñense en marcha en todo o territorio do Concello de Begonte os traballos de despregue da rede de fibra de maior velocidade 🔝🔀 dispoñible ata agora no mercado,1000 Mbps.

BEGONTE EN NEGRO
admin
0

💭 Un ano máis, o Concello de Begonte súmase á sensibilización contra as violencias ❌, mais nesta ocasión temos como novidade a adhesión á campaña Begonte En Negro na que queremos render homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero.

Do 2️⃣1️⃣ ó 2️⃣8️⃣ de novembro tinguirémonos de negro con diversos actos e actividades que vos iremos amosando día a día‼️
 

Agradecemento a Víctor Corral
admin
0

O máis sincero agradecemento ó noso veciño e fillo predilecto 𝐕𝐢́𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐂𝐨𝐫𝐫𝐚𝐥 👨🏼‍🎨 por compartir a súa obra 🖌️🎨⛏️ connosco.

Achegarse á súa Casa-Museo 🏡🗿é unha parada obrigada nas visitas á Terra chá, un lugar máxico onde descubrir o mundo a través dos seus ollos.

É unha honra contar con artistas da túa talla no noso concello👏🏻👏🏻!

𝐂𝐀𝐓𝐄𝐆𝐎𝐑𝐈́𝐀𝐒 𝐁𝐀𝐒𝐄 𝐃𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐅𝐔́𝐓𝐁𝐎𝐋 𝐒𝐀𝐋𝐀
admin
0

📌 Debido á situación sanitaria actual ⛑, o Concello de Begonte e o Concello de Begonte Fútbol Sala ⚽️ decidiron prorrogar o inicio de adestramentos das categorías base ata mediados do mes de novembro. Chegadas esas datas farase de novo unha valoración sobre a evolución da pandemia e informarase ós/ás usuarios/as sobre a nova data de inicio.

📌 Amplíase o prazo de inscrición 📝 ata o próximo 15 de novembro 📆.