Ir o contido principal

Blog Style 01

feliz aniversario
admin
0

A nosa veciña de Illán, María Carmen García López, celebrou neste mes de marzo nada máis e nada menos que os seus 106 anos de vida e o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 quixo estar presente nesta data tan especial.

O alcalde, José Ulla, acompañado da Concelleira de Cultura, Sonia Varela, felicitárona e entregáronlle un agasallo 🎁 con agarimo de parte de todos os veciños e veciñas de Begonte, por ser un exemplo de vida e fortaleza.

audicion
admin
0

Esta tarde, a partir das ⏰ 19.30 horas no 📍 Centro Sociocultural de Friol, as Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol tráennos unha extraordinaria audición 🎼 para que poidamos desfrutar da música en boa compañía! 🥰

#audición #frauta #trombón #piano #clarinete

 

cortes auga
admin
0

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 informa á veciñanza de que os vindeiros luns día 𝟐𝟑 e martes día 𝟐𝟒 de marzo, durante a mañá 🕘, levaranse a cabo obras 🪏 de mellora na rede de auga 💧 das parroquias de DAMIL, FELMIL, BÓVEDA e BEGONTE.

apoio
admin
0

O Centro de Día de Begonte 🏠, a través da Escola de Coidadores, levará a cabo unha charla informativa sobre produtos de apoio: cadeira de ducha 🚿, cadeira de rodas 🦽, andador 👵, bastón 🦯...