Ir o contido principal

2ª XORNADA FORMATIVA E ENTREGA DE COMPOSTEIROS. CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO CONCELLO DE BEGONTE.

compostaxe

2ª XORNADA FORMATIVA E ENTREGA DE COMPOSTEIROS. CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO CONCELLO DE BEGONTE.

O pasado 9 de febreiro 2023 organizouse na Casa da Cultura de Begonte unha xornada formativa sobre compostaxe  relacionada ca Campaña de compostaxe doméstica do Concello de Begonte en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Ca intención de organizar outra xornada formativa o venres día 31/03/2023 ás 12h na Casa da Cultura de Begonte, no que se entregaran a tódolos interesados inscritos na xornada (empadroados en Begonte), composteiros, ábrese un novo periodo de inscricións para acudir a xornada formativa desde o día de hoxe e ata o 29/03/2023. 

Os interesados poden anotarse nas oficinas municipais, ou chamando o teléfono do Concello 982 396 143, repartiranse composteiros ata fin de existencias.