Ir o contido principal

BANDO: Recollida de residuos sólidos

Bando Recollida Residuos

BANDO: Recollida de residuos sólidos

Esta Alcaldía comunícalle a tódolos veciños que o vindeiro 28 DE NOVEMBRO DE 2019, procederase á recollida de enseres domésticos.

Considerándose como tales: utensilios e mobiliario xeral do fogar, como poden ser, entre outros, mobiliario xeral, electrodomésticos, xoguetes, aparellos musicais.

ADVIRTESE que pola empresa adxudicataria da realización deste servizo, non se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 8:00 horas da mañá e debendo estar depositados, os enseres, en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma.

Os interesados deberán chamar previamente ó teléfono do Concello 982.39.61.43 .

O que se pon en coñecemento, para os efectos oportunos.

Begonte, NOVEMBRO DE 2019.

 

Descargar Bando en formato PDF