Ir o contido principal

CONCURSO “BEGONTE QUEDA NA CASA”

Begonte queda na casa

CONCURSO “BEGONTE QUEDA NA CASA”

O Concello de Begonte, organiza o Concurso “Begonte queda na casa”, coa finalidade de fomentar un aproveitamento lúdico e cultural das limitacións de mobilidade decretadas para frear a expansión do Covid-19, así como estimular a producción artística d@s máis pequen@s da casa, ó mesmo tempo que se potencia a participación da cidadanía tanto do núcleo urbano como do rural dunha forma activa e divertida.

Existen dúas modalidades para inscribirse no concurso:

  • AUDIOVISUAL, cun vídeo que conste dunha representación teatral, cine, humor, baile… sobre a temática “Begonte queda na casa” e cunha duración de entre un e catro minutos.
  •  NARRATIVA/CÓMIC onde os nenos e nenas deberán facer referencia á actual situación dun xeito divertido e positivo mediante a redacción dun conto, historia, cómic, etc.

Poderás atopar as bases do concurso no seguinte enlace:

- Bases

Para participar, deberás enviar o seguinte anexo cuberto e asinado:

- Anexo I

ANÍMATE E PARTICIPA!