Ir o contido principal

Convocatoria recoñecemento competencias profesionais en Atención Sociosanitaria a personas no domicilio, tamén dependentes en institucións sociais e outros

Concello de Begonte

Convocatoria recoñecemento competencias profesionais en Atención Sociosanitaria a personas no domicilio, tamén dependentes en institucións sociais e outros

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicou a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. DOG NÚM. 5 de 11-01-16:

  • O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas; Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas; Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas; Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas; Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas; Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas; Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas, será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia que sería do12/01/2016 - 10/02/2016.
  • O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de aproveitamentos forestais (AGA343_2) 100 prazas e tanatopraxia (SAN491_3) 150 prazas iniciarase no prazo de 3 meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria, e comprenderá 1 mes natural.

Máis información en recoñecemento experiencia profesional do portal de traballo e para facer a inscrición podes ticar no enlace da Sede electrónica da Xunta de Galicia, despois en modelo de solicitude e cubrilo.