Ir o contido principal

📚 DÍA DO LIBRO 2023 😀

DÍA DO LIBRO 2023

📚 DÍA DO LIBRO 2023 😀

Este domingo celébrase o Día do Libro 📖 e con este motivo, dende o 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗲𝗴𝗼𝗻𝘁𝗲 animámosvos a participar na 🗣️ presentación de "𝐀 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐡𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐧𝐱𝐨", obra do noso veciño 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐕𝐞𝐢𝐠𝐚.

Este acto terá lugar o venres 28 a partir das ⏰ 16.30 horas na Casa da Cultura e estades tod@s invitad@s. 🤩

Ese mesmo día e antes da presentación, Pablo visitará o 🏣 CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para realizar unha actividade cos nenos 👦 e nenas 👧, que están a ler o seu libro. 👏

Pero os actos para conmemorar o Día do Libro non acaban aquí, xa que o venres 28 pola mañá, tamén se levará a cabo a doazón de obras 📚 na praza do Concello por parte do CEIP a tod@s @s veciñ@s de Begonte que acudan á cita.

Anímate e participa 😊!