Ir o contido principal

🎭 ENTROIDO 2020

Cartel Entroido 2020 Begonte

🎭 ENTROIDO 2020

O Concello de Begonte presenta o “IX Concurso de Disfraces e Comparsas 2020”, co obxectivo de consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular.

O sábado, 29 de febreiro de 2020, ás 17.00h celebrarase o desfile de disfraces e comparsas no Pavillón Municipal de Baamonde. Posteriormente, farase a entrega de premios e a tradicional FESTA INFANTIL para tódol@s nen@s presentes con diferentes inchables e obradoiros. Ademáis, tamén contaremos con un BAILE DE ENTROIDO para nen@s e adult@s amenizado por unha discoteca móbil.

 

O prazo de inscrición rematará o mércores, 26 de febreiro ás 14.00h.

Para consultar as bases e a inscrición prema nos seguintes enlaces:

 

Duas opcións de presentación de inscricións:

  1. Presencialmente nas oficinas municipais no Rexistro Xeral do Concello de Begonte cubrindo o Anexo I Inscrición.
  2. Electrónicamente en  https://begonte.sedelectronica.es/dossier.1, ticando en Procesamento electrónico (tramitación electrónica) da opción Inscrición concurso de disfraces e comparsas, descargándose o Anexo I Inscrición, cubrilo e achegar (subir) o documento á solicitude.

Para a presentación das solicitudes electronicamente poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica do Concello de Begonte, incluído o sistema de usuario e clave (http://clave.gob.es/clave_Home/registro.html).

 

 

¡ VIVE O ENTROIDO EN BEGONTE ! 🎉