Ir o contido principal

EXPOSICIÓN “O FIN DO CAMIÑO” 🚶‍♂️🚶‍♀️ ⭐️

O Fin do Camiño

EXPOSICIÓN “O FIN DO CAMIÑO” 🚶‍♂️🚶‍♀️ ⭐️

O Concello de Begonte acolle a exposición 🏞itinerante "O Fin do Camiño", organizada polo Colectivo Egeria e co patrocinio da Xunta a través do programa O teu Xacobeo, na que se mostran fotografías 📸 de dous importantes artistas galegos, Eduardo Ochoa e Carlos Puga e textos 📝 de Xulio Xiz.

Trátase dunha exposición que mostra visións diferentes dos Camiños a Compostela e en cada un dos paneis dos que consta conta con breves glosas á ruta xacobea de Urbano Lugrís, Dante, Frei Luis de León, Tirso, Machado, Cunqueiro, Torrente, Cervantes, etcétera.

A exposición pode visitarse dende hoxe martes na Casa da Cultura de Begonte. Será necesario solicitar cita para poder visitala, no Concello ou no teléfono ☎️ 982 39 61 43.

www.concellodebegonte.es