Ir o contido principal

⛑🤝 INFORMACIÓN SERVIZOS SOCIAIS

INFORMACIÓN SERVIZOS SOCIAIS

⛑🤝 INFORMACIÓN SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Begonte, ante a situación de estado de emerxencia sanitaria derivada polo Covid-19, solicita a colaboración da cidadanía para poñer en coñecemento calquera situación de vulnerabilidade na que se poidan atopar persoas maiores, persoas que viven soas ou calquera outra situación de urxencia que precise axuda para facerlle chegar medicinas, alimentos, útiles de aseo ou calquera outro elemento de primeira necesidade.

Para informar de dita situación, rogamos poñerse en contacto cos Servizos Sociais comunitarios do Concello de Begonte a través do ☎️ 982 39 61 43 en horario ⏰ de 9:00h a 14:00h, no ☎️ 112 fóra dese horario, ou no 📧 correo electrónico servizossociais@concellodebegonte.es

Grazas pola colaboración!