Ir o contido principal

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE

O Concello de Begonte inclúe na súa programación deportiva a “IV Carreira Popular Concello de Begonte”, co obxectivo de fomentar o deporte como hábito saudable, ademais de, potenciar a dinamización do municipio.

Esta proba deportiva celebrarase,o 22 de xuño de 2019,no club Fluvial de Begonte. A carreira absoluta terá unha distancia de 7 km e saira do Club Fluvial de Begonte ás 11.00h e as carreiras menores iniciaranse ás 12.00h. Tódalas carreira transcorrerán por unhas extraordinarias paisaxes naturais, a beira do río Ladra.

INSCRICIÓN, PRAZOS E COTAS

  • A inscrición realizarase en www.championchipnorte.com

  • O prazo para inscribirse rematará o mércores, 19 de Xuño de 2018, ás 23:59 horas.

  • O custe da inscrición na carreira absoluta será de 5€ +1€ de aluguer de chip para o que non teña chip amarelo championchip.

  • A inscricións nas carreiras menores será gratuíta.

  • Non se admitirán inscricións o día da proba.

  • Non se devolverá o importe da inscrición por motivos alleos a Organización.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE

A recollida de dorsais e chips realizarase o mesmo día da proba, dende as 09.00h ata 1h hora antes da saída da carreira absoluta e 1/2h antes para as carreiras menores, no punto de información do Club Fluvial de Begonte.
 

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

  • Duchas e vestiarios masculinos e femininos: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores vestiarios con duchas femininas no Pavillón Municipal de Begonte

  • Gardarroupa. Os atletas poderán dispor de servicio de gardarroupa no punto de información do Club Fluvial.

  • Aparcadoiros: os atletas disporán de zonas de aparcadoiro detrás do Pavillón Municipal de Begonte, na praza do Concello, e no Club Fluvial de Begonte. Neste último, permitirase a entrada ata ás 10.00h, e non se permitirá a saída ata finalizada a entrega dos premios.

  • Ludoteca e inchable. Disporase de ludoteca gratuíta para os nenos atletas e o fillos dos atletas mentres se disputan as carreiras.

  • Servizo de Ambulancia con médico.

 

E para finalizar este evento deportivo, tódolos participantes poderán degustar uns aperitivos gratis, finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial de Begonte.

Máis información no regulamento (archivo pdf)

Inscríbete en: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1819/iv-carreira-popular-concello-de-begonte

IV Carreira Popular Begonte