Ir o contido principal

Monólogo de Isi

Monólogo Isi Begonte

Monólogo de Isi

Isi, un dos humoristas máis queridos e coñecidos de Galicia grazas ás súas participacións en programas de entretemento da Televisión de Galicia, como Supermartes, Air Galicia, Land Rober ou Todo queda na casa, chegará a Begonte coa colaboración de AGADIC (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Xacobeo 21) a través do programa Cultura no Camiño 2019.

O 14 de setembro na Casa da Cultura ás 20:30 h. poderás gozar do Monólogo de Isi, previa recollida de entradas no concello dende o 2 de setembro ata completar aforo.

Nome da actuación: Monólogo de Isi.

Data: 14 setembro de 2019

Horario: 20.30 h

Duración: 60 min

Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura de Begonte

Público: Adulto

AVISO IMPORTANTE: Só se entregará un máximo de dúas entradas por persoa e será necesario aportar o DNI do solicitante.