Ir o contido principal

🖥 O CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO FORMARÁ PARTE DO PROXECTO 𝐏𝐎𝐋𝐎𝐒 𝐂𝐑𝐄𝐀𝐓𝐈𝐕𝐎𝐒

Polos Creativos

🖥 O CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO FORMARÁ PARTE DO PROXECTO 𝐏𝐎𝐋𝐎𝐒 𝐂𝐑𝐄𝐀𝐓𝐈𝐕𝐎𝐒

A Consellería de Educación selecciona ó CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para a implementación do programa de innovación educativa “𝐏𝐨𝐥𝐨𝐬 𝐂𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬”. 


🔸O Polo Creativo actual, anexo á biblioteca 📖 da escola, conta xa cun deseño modular e innovador despois da inversión realizada no pasado curso. Grazas ó programa, complementarase dotando o espazo dun importante equipamento especializado.


🔹Enfocarase á aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Tamén poderá albergar prácticas de investigación 🔭 e experimentación 🔬. Terá unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía…).


🔸Funcionará como centro de actividades no que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras. 🧑‍💻


🔹Será, ademais, un espazo aberto á comunidade local 👨‍👩‍👧‍👦 de 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía, polo que dende o centro se ofertarán actividades formativas para os diversos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e fomentará especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais 👩‍🦳 e pais 🧔‍♂️ xunto cos seus fillos 👶 e fillas 👧 en actividades tanto de formación como de creación.


Esta actuación enmarcase tamén dentro da liña de impulso da educación no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, dotando de infraestructuras de primeiro nivel ó noso renovado centro educativo. 🏢