Ir o contido principal

O CONCELLO SUMA OS COMPROMISOS 🤝 DE VICEPRESIDENCIA E DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE PARA LEVAR A CABO O AMBICIOSO PROXECTO DE IMPULSIÓN DA EDUCACIÓN 👩‍🏫 E A CULTURA 👩‍🎨 NO CONCELLO DE BEGONTE

ACUERDO BEGONTE

O CONCELLO SUMA OS COMPROMISOS 🤝 DE VICEPRESIDENCIA E DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE PARA LEVAR A CABO O AMBICIOSO PROXECTO DE IMPULSIÓN DA EDUCACIÓN 👩‍🏫 E A CULTURA 👩‍🎨 NO CONCELLO DE BEGONTE

☑️ As negociacións levadas a cabo polo alcalde fixeron posible acadar os apoios destes dous departamentos do Goberno galego que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román Rodríguez.

☑️ O investimento total ascenderá a 1 millón de euros e os convenios que permitirán o desenvolvemento do proxecto serán asinados nas vindeiras datas polos responsables da Xunta e da entidade local.

O alcalde de Begonte, José Ulla, acada o compromiso da Vicepresidencia e Turismo e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para acometer a rehabilitación do colexio de Baamonde e a construción dun auditorio ao carón do centro educativo.

As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios destes dous departamentos do Goberno galego que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román Rodríguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de máis de 500.000 euros, xa en fase de licitación.

Este compromiso manifestado na reunión mantida a tres bandas polo máximo mandatario municipal, o vicepresidente Alfonso Rueda e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, traducirase nun convenio que determinará o financiamento e o desenvolvemento do proxecto. A sinatura producirase nos vindeiros días.

José Ulla agradece a colaboración do vicepresidente e dos dous conselleiros pois, sinala, “permitirá que contemos con novas instalacións educativas e, por tanto, aumentar a oferta formativa que ofrecemos na actualidade”. Concretamente, o antigo centro albergará unha escola de música e nas súas inmediacións construirase un auditorio que completará de xeito paralelo a formación que se imparta na escola. Ó mesmo tempo dito auditorio enclavado na localidade de Baamonde, lugar de paso e final de etapa do Camiño Norte de Santiago, permitirá establecer una programación periódica de actividades culturais da que poderán desfrutar vecinos e peregrinos.

Do mesmo xeito que se potencia e reforza a educación e a cultura , pretendemos impulsar o turismo en todo o territorio Municipal e especialmente na parroquia de Baamonde con unhas infraestruturas que se suman a Casa Museo de Victor Corral, a Igrexa de Santiago, o club fluvial , as rutas de sendeirismo, etc.

Trátase dun proxecto que o propio alcalde define como “integrador e potenciador da Educación e a Cultura e nos situará como un referente na formación musical da comarca”. En total, a Xunta de Galicia, a través dos departamentos citados e o Concello achegarán a esta iniciativa 1 millón de euros.

www.concellodebegonte.es