Ir o contido principal

O Imserso convoca o programa de turismo social 2016.

Concello de Begonte

O Imserso convoca o programa de turismo social 2016.

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017, segundo a modalidade:

-Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e  Murcia.

-Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.

-Turismo de Interior

Os requisitos para poder participar:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

 Prazo de presentación:

O prazo para a presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017  exténdese do 30 de maio ao 17 de xuño de 2016 para acreditación en primeira fase, e do 18 de xuño ao 1 de decembro de 2016 para acreditacións fora de prazo.

Para tramitar solicitude ou obter máis información acuda a Oficina de Servizos sociais do Concello de Begonte de lúns a xoves de 09.00 a 13.00 horas.