Ir o contido principal

PAPÁ NOEL 🎄 VISITA BEGONTE 🌟‼️

papa noel visita begonte

PAPÁ NOEL 🎄 VISITA BEGONTE 🌟‼️

Confirmado ✅ O próximo mércores día 23 visitará a tódolos nenos e nenas no Telecentro de Begonte (fronte á Casa do Concello).

Ante a situación que estamos a vivir, Papá Noel quere que esta visita sexa segura, cumprindo co protocolo vixente e sen aglomeracións, polo que establece un sistema de quendas ⏰ para acudir a velo.

🔸 Será necesario inscribirse no ☎️ 982 39 61 43 ou nas dependencias do Concello de Begonte, onde se lle asignará unha hora de visita.

🔸Será obrigatorio o uso de máscara 😷 e a entrada será individual (excepto no caso de convivintes).

🔸Cumpriranse estritamente as medidas de seguridade e hixiene establecidas.

Ademais, haberá chocolate ☕️ con churros para tódolos nenos e nenas! 😋

VIVE O NADAL EN BEGONTE! 🎄☃😃