Ir o contido principal

Próximas Actuacións Teatrais - Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019

Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019

Próximas Actuacións Teatrais - Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019

O Concello de Begonte xunto coa Deputación de Lugo (Área de Turismo e Cultura) e ao abeiro do Programa “Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019”, presentan unha nova rolda de actuacións teatrais, mediante a que se porán en escena dúas actuacións.

    • O sábado 16 de novembro representarase a obra O Lazarillo do Miño, da man dos Pinchacarneiros, unha versión renovada do clásico do Lazarillo, fiel ao humor que a caracteriza e apta para todos os públicos. Máis información (PDF)

    • O sábado 23 de novembro será o turno de Improvincia, a cargo de Curuxan Teatro Impro, pensada para público adulto e onde a improvisación garantirá unha actuación chea de sorpresas dende o primeiro minuto. Máis información (PDF)

Non o perdas! Esperámoste na Casa da Cultura de Begonte ás 18.00 h.

NOTA: A asistencia a ambas actuacións será gratuíta. Non se precisa recoller entradas, polo que as prazas se cubrirán ata completar aforo.