Ir o contido principal

Recollida de alimentos no Concello de Begonte.

Concello de Begonte

Recollida de alimentos no Concello de Begonte.

O Concello de Begonte Fútbol Sala en colaboración co Concello de Begonte realizará unha recollida de alimentos solidaria para axudas ás familias en situación de precariedade económica.

A recollida de alimentos realizarase o día 19 de decembro no Pavillón de Baamonde durante o transcurso do partido que xogara o Concello de Begonte F.S.

Asemade, poderanse entregar no Concello de Begonte dende o lúns 14 ao venres 18 de decembro de 9 h a 14 h.

Recoméndase a entrega de alimentos non perecederos e productos de nadal (destinadas a familias con menores ao seu cargo).