Ir o contido principal

⚠️ 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 - RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILOS

aviso

⚠️ 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 - RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILOS

Esta recollida de plásticos non é domiciliaria polo que os referidos residuos deberán estar depositados o día 𝟓 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 nos puntos de recollida que a continuación se relacionan:


📍 EXPLANADA DA PONTE DA AUTOVÍA NA PISTA DE CARRAL: Para a parroquia de Saavedra.
📍 ROZA ALTA NO MONTE DE FELMIL: Para as parroquias de Damil e Felmil.
📍 CAMPO DA FESTA DE TROBO: Para as parroquias de GAIBOR, ILLÁN E TROBO.
📍 CAMPO DE XUNTO Ó CENTRO SOCIAL "EMPRÉSTAMO" DE CARRAL: Para as parroquias de Uriz, Baldomar e Carral.
📍 CAMPO DE XUNTO DA IGREXA DE VIRÍS: Para as parroquias de Donalbai, Begonte, Cerdeiras e Virís.
📍 APARCAMENTO CAMPO DE FÚTBOL DE PACIOS: Para as parroquias de Baamonde e Pacios.
📍 SANTALLA DE PENA – CURUTELA NO CRUCE DE TOIMIL COA CARRETERA DA DEPUTACIÓN: Para as parroquias de San Vicente de Pena e Santalla de Pena.
📍 ALTO DA CRUZ NA PARROQUIA DE BÓVEDA: Para as parroquias Bóveda e O Castro.


Os/As interesados/as deberán chamar ó teléfono do Concello de Begonte ☎️ 982 39 61 43. Os plásticos deberán ir limpos de terra (SÓ PLÁSTICO DE SILO, NON SE ACEPTARÁN NIN CORDÓNS NIN GARRAFAS).