Ir o contido principal

Resultado do IV Concurso de Tapas Concello de Begonte

Concello de Begonte

Resultado do IV Concurso de Tapas Concello de Begonte

O martes 10 de novembro de 2015, fíxose o reconto dos trípticos selados e puntuados polas persoas que degustaron as 12 tapas e os depositaron nas urnas dos establecementos participantes no IV Concurso de Tapas Concello de Begonte 2015.

Unha vez abertas as urnas unha man inocente sacou os premiados por cada un dos establecementos e despois de xuntarse todos os votos nunha urna común sacouse un tríptico que gañou a Tablet Galaxy Tab.

Este ano foron 333 trípticos válidos que puntuaron a todos os establecementos do 1 ao 5, resultando por 4º ano consecutivo gañador do IV Concurso de Tapas Concello de Begonte Casa Varela coa súa proposta “Lubina con Parmentier”, en segundo lugar Cereixo coa tapa “Vieira en hojaldre con Mousse de Albariño” e de terceiro  o Restaurante Paz y Ana coa tapa “Torre Ibérica”.

Como novidade deste ano un xurado profesional formado por Marcos Domínguez (Xefe de cociña do Restaurante Parador de Turismo de Vilalba), Juan José Mariño (Xefe de cociña do Restaurante Benboa de Corrubedo), Eloy Cancela  e Francisco Piñeiro (cociñeiros e copropietarios do Restaurante A Horta do Obradoiro de Santiago de Compostela), Mark Wernink (Xefe de cociña do Casino de la Toja) valorou e premiou ás 3 mellores tapas tendo en conta a presentación, o sabor, textura, punto de coción e elaboración, resultando premiados as tapas seguintes:

1º premio Casa Varela tapa “Lubina con Parmentier.

2º premio A Cantina tapa “Mofletiños de outono”.

3º premio Cereixo tapa “Vieira en hojaldre con mouse de albariño”.

Coinciden os gustos do xurado popular e o profesional no gañador e incorporan a tapa da A Cantina no segundo posto quedando a tapa do Cereixo de terceiro.

Cada establecemento serviu máis de 1.000 tapas o que reflexa o interés suscitado polas súas propostas, sendo cada ano máis díficil a valoración das mesmas.

 

isc6