Ir o contido principal

Subvencións para conexión a internet de banda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional. (agader)

Concello de Begonte

Subvencións para conexión a internet de banda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional. (agader)

Requisitos:

- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia. 

- Non dispoñer de cobertura de banda larga de calidade de, polo menos, 2 Mbps en sentido rede-usuario mediante outra tecnoloxía.

- Solicitar a axuda para a instalación da nova conexión no enderezo de residencia ou, no caso dunha empresa, domicilio fiscal.

- Manter o novo contrato de conexión á internet por un período mínimo de doce meses, contado desde a data de alta no servizo.

- Non ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.

- Tramitar a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas por Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) en procedemento público e aberto.

 Prazo de presentación: 26/03/2014 - 30/08/2014.

Máis información neste enlace de AGADER e no apartado SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PARA O ANO 2014 (BANDA LARGA VÍA SATÉLITE)

Para ver información do procedemento https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=704B&procedemento=MR704B