Ir o contido principal

👵🧘‍♀️ TALLER DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA 3ª IDADE

 TALLER DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA 3ª IDADE

👵🧘‍♀️ TALLER DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA 3ª IDADE

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboración coa Escola Galega de Saúde organizan o próximo 𝟗 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 este curso 📚 gratuíto dirixido a pacientes, familiares, coidadores/as de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

🔸𝐎𝐁𝐗𝐄𝐓𝐈𝐕𝐎𝐒:
🔘 Desenvolver actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.
🔘 Coñecer a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e mantemento do contacto directo da persoa co entorno.
🔘 Conseguir un descanso/sono satisfactorio que lle permita realizar as actividades da vida diaria sin que supoña esforzo e con un estado de tranquilidade.

🔹𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀:
🔘 Beneficios do exercicio físico para a saúde física, intelectual e emocional.
🔘 A ocupación do tempo libre como forma de satisfacción e/ou terapia.
🔘 Tipos de ocio, individual/grupal de actividades activas/pasivas.
🔘 Coñecer as necesidades/hábitos/costumes e alteracións que interfiren no sono  (insomnio, dor, sono diúrno, fármacos, nicturia...).
🔘 Factores biolóxicos que inflúen no sono: idade, nutrición, estado de saúde.
🔘 Condicións que favorecen e dificultan o descanso/sono.
🔘 Interrelación da necesidade descanso/sono con outras necesidades: oxixenación, alimentación, eliminación, manter postura adecuada...

👨‍🏫 O curso será impartido polo docente Enrique del Arco Herrero, Licenciado en Farmacia e Técnico en Prevención de Riscos.
     
INSCRICIÓNS ATA O 6 DE MAIO! PRAZAS LIMITADAS.