Ir o contido principal

V Concurso de Tapas Concello de Begonte 2016

Concello de Begonte

V Concurso de Tapas Concello de Begonte 2016

Hoxe día 28 de outubro o Concello de Begonte e máis concretamente os establecementos hosteleiros estrean mandilón e pucho de cociñeiro para deleitarnos coas propostas en forma de tapa moi elaborada.

Está é a quinta edición e o éxito de participación e calidade das tapas de anos anteriores auguran un esforzo maior para sorprender a todolos veciños e visitantes.

Meses atrás os establecementos rómpense a cabeza para idear unha tapa que os faga gañadores, aproveitando a calidade e o bon facer dos cociñeiros/as que podemos encontrar detrás dos fogóns.

Si degustas, sellas e puntuas as tapas no trítico que encontraras nos establecementos participantes, poderas participar e optar a un premio.

Os participantes e as súas propostas para o V Concurso de Tapas Concello de Begonte son:

Parrillada Ruta Esmeralda
Sara Café & Bar
Café Bar A Rotonda
Casa Carteiro
Café Bar Cereixo
Cafetería A Cantina
Restaurante Pazyana
Taberno do Labrego
Casa Varela
Restaurante Galicia
Restaurante Hostal San Martín

Aconsellaría consultar os horarios e días (pódense ver na seguinte imaxe) para poder programar a degustación das tapas facendo unha ruta.

isc6