Ir o contido principal

XORNADA FORMATIVA E ENTREGA DE COMPOSTEIROS. CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO CONCELLO DE BEGONTE.

compostaxe

XORNADA FORMATIVA E ENTREGA DE COMPOSTEIROS. CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO CONCELLO DE BEGONTE.

O pasado 28 de decembro de 2022 publicouse nesta web, unha nova na que se informaba da Campaña de compostaxe doméstica do Concello de Begonte en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Desde aquela data os interesados (limitábase a 75 vivendas unifamiliares do Concello de Begonte) podían inscribirse nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica para recibir a formación e un composteiro.

Convócase a tódolos inscritos e interesados a xornada formativa que se realizará na Casa da Cultura de Begonte o día 09/02/2023 ás 19h, ademais entregarase os composteiros.

LUGAR: CASA DA CULTURA DE BEGONTE

DÍA: 09/02/2023

HORA: 19:00