Ir o contido principal

A Xunta de Galicia e o Concello de Begonte dan un paso adiante ✅ para o acondicionamento da Escola de Música 🏫 e o Auditorio en Baamonde 🏟

A Xunta de Galicia e o Concello de Begonte auditorio
A Xunta de Galicia e o Concello de Begonte auditorio

A Xunta de Galicia e o Concello de Begonte dan un paso adiante ✅ para o acondicionamento da Escola de Música 🏫 e o Auditorio en Baamonde 🏟

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde, José Ulla, asinaron 📝 onte un protocolo no que ambas administracións se comprometen 🤝 a cofinanciar a reforma das edificacións do antigo colexio da localidade.
 
O obxectivo do 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗲𝗴𝗼𝗻𝘁𝗲 é consolidar unha escola de música 🎶 con acreditación de conservatorio 🏤 que xestionará a asociación Músico Crisanto, dando continuidade á actividade que veñen desenvolvendo dende o ano 2007 en Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e o recentemente incorporado Friol e que se estende polos municipios veciños.
 
Na actualidade o centro ten 150 alumnos 👨‍🎓 e un total de 16 profesores 🧑‍🏫 de diferentes disciplinas e instrumentos 🎷 , que imparten clase en espazos como o Centro Sociocultural e o Instituto de Rábade, a Casa da Cultura e o Centro Sociocultural de Begonte ou a Escola de Robra e o CEIP Laverde Ruiz en Outeiro de Rei.
 
Esta iniciativa servirá para agrupar a actividade musical 🎵 nun centro único, mellorando tanto as condicións de ensino como as dotacións da escola en xeral. 👏