Ir o contido principal

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR

𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐒𝐀𝐁𝐄 𝐀𝐌𝐀𝐑 é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar 🌊 , impulsar a súa venda 🛒 e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca 🎣 e do marisqueo 🦞.

Este 2023 a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks 🚐 que levarán o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios 🗺️ de toda España vinculados ao Camiño de Santiago 🚶‍♀️🚶‍♂️. En cada parada os visitantes poderán degustar 😋 algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra 🌎.

Este venres día 22, unha das catro foodtrucks estará no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, no seguinte emprazamento:

📍 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 - Praza do Concello ⏰ 12:00 – 15:00 H.

📍 𝐁𝐚𝐚𝐦𝐨𝐧𝐝𝐞 - Rúa da Estación (fronte á farmacia) ⏰ 18:00 – 21:00 H.

ℹ️ Para máis información: https://mar.xunta.gal/sites/default/files/galiciasabeamar/index.html

Achégate a probar! 😊