Ir o contido principal

O BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE

belen begonte

O BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE

O sábado 2 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte, un ano máis fiel a súa cita e xa van 52 edicións dende 1972 de maneira ininterrompida.

No salón de actos do Belén Electrónico inaugurouse, a cargo do pregoeiro deste ano o arcebispo de Santiago D. Francisco José Prieto, o cal “comenzaba o seu discurso volvendo 800 anos atrás no tempo, ata 1223, cando san Francisco de Asís decidía darlle forma ao "encontro con Deus feito neno" ideando o que foi o primeiro belén e dando pé a unha longa tradición que ten en Begonte unha montaxe artesanal declarada Festa de Interese Galego”.

Este ano o acto estivo amenizado pola actuación de solistas das Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.

Fruto destes últimos anos incorporouse o Belén, a posibilidade da visita de forma virtual, desta maneira globalizouse o acceso o Belén Electrónico de Begonte, a recomendación e visitalo, facendo o camiño do Belén e trasladarse a Begonte, aproveitando a visita a este concello, visita as esculturas (creación do lucense Cesar Lorenzana) que con motivos relacionados co Belén ata este momento instaláronse en Begonte (Botas), en Damil (Zocas), en Saavedra (banco en honor a Virxe dos Miragres), en Pacios (Castillo de Herodes) e en Santalla de Pena (macheta sobre un leño).

Ademais Diego As (o seu mural en Lugo de Julio César foi nomemado mellor mural do mundo 2021), deixou a súa pegada en Begonte cun mural que conmemora os 50 anos do Belén Electrónico, no que retrata un avó e o seu neto visitandoo.

 

 

Begonte situase no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, para comprobar de primeira man o que dicen del, xa que os seus 52 anos pode decir que é Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.

 

 

Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que teñen programadas entre as actividades a realizar no ano, o de visitar o Belén electrónico de Begonte, no so da provincia de Lugo, a maioría antes das vacacións de Nadal.

Este ano Siro, debuxante e pintor, xornalista e caricaturista dexeñou esta Alba de Gloria do Belén de Begonte, para reflectir e lembrar os incontables milleiros de persoas que desde 1972 o visitaron.

Despois dun traballo de varios meses, a cargo de Carlos Torres (nomeado este ano socio de honra), Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Rodríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).

Si ves tódolos anos e como xa saberás inténtase incorporar novas pezas, a veces díficiles de atopar salvo que o coñezas moi ben.

Unha vez desfrutado do Belén, visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, pódense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.

A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Domínguez Guizán, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil. Consulta as bases (pdf).

Queres saber como chegar o Belén electrónico de Begonte tica CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización).

Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas sugeridas dende Lugo:

1. N-VI, 19,2 km        19 min

2. A-6, 25,6 km         23 min

Horario de visita de 11 a 13h e de 16 a 19h

  • Do 3 ao 22 de decembro 2023 e do 8 ao 27 de xaneiro 2024: sábado, domingos e festivos

  • Do 23 de decembro 2023 ao 7 de xaneiro 2024: tódolos días.

Grupos: avisar previamente ó teléfono 610 907 306

Web: http://www.belendebegonte.es/

 

FINANCIADO:

abanca xunta