Ir o contido principal

Blog Style 01

25N
admin
0

Unha muller farta do seu marido folgazán, trama un escarmento porque non o atura máis. Ó final todo acaba ben, pero non podemos seguir contando 🤭 xa que a historia ten moralexa: quen a queira saber, a obra ten que ver. 🤩

Esta actividade esta enmarcada no circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputanción de Lugo.

Lembra:

📅 Sábado 25 de Novembro.

📍 Casa da Cultura (Begonte)

⏰ 17:30 horas

COMPOSTAXE
admin
0

Setenta e cinco familias do municipio de Begonte participan na campaña de compostaxe doméstica municipal, desenvolvida en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

25n
admin
0

Un ano máis o 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗲𝗴𝗼𝗻𝘁𝗲 súmase á campaña de sensibilización contra ❌ a violencia de xénero con varios actos e actividades que van dende hoxe día 20 ata o 1 de dembro.

𝐂𝐎𝐌𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 🔄 𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀 👨‍👩‍👧‍👦!

Di 𝐍𝐎𝐍 á violencia de xénero‼️

#nonaviolenciadexenero #begonteennegro

toponimízate begonte
admin
0

Este venres día 🗓 17 de novembro ás ⏰ 19.30 horas na 🏠 Casa da Cultura de Begonte teremos unha 🗣 charla aberta ó público en xeral sobre a nosa terra 🌍.

Trataranse 3 aspectos fundamentais:

🔺 A importancia da toponimia galega como patrimonio cultural e o risco que corre de desaparecer pola transformación dos modos de vida tradicionais no noso país. 🌅

taller fracasa
admin
0

➡️ “Prevención do fracaso escolar dende o ámbito familiar”

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un 𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐨𝐧𝐥𝐢𝐧𝐞 dirixido a nais 👩‍👦 e pais 👨‍👧 dos concellos da agrupación, para abordar a prevención de fracaso escolar 📚 dende o ámbito familiar.