Ir o contido principal

O Concello de Begonte convoca axudas para o Plan de apoio a hostalería e restauración no termo municipal de Begonte, para paliar os efectos da situación de peche provocado polo COVID- 19.

Concello de Begonte

O Concello de Begonte convoca axudas para o Plan de apoio a hostalería e restauración no termo municipal de Begonte, para paliar os efectos da situación de peche provocado polo COVID- 19.

Prazo de presentación: Aberto do 27/02/2021 - 13/03/2021

O obxecto da presente convocatoria é paliar ou minimizar na medida do posible as consecuencias derivadas da grave crise económica que sofre na actualidade o sector da hostalería e restauración como consecuencia do peche obrigado provocado polo COVID-19, mediante a concesión das correspondentes axudas aos autónomos e empresas, con domicilio fiscal e, no seu caso o local de desenvolvemento da actividade, se atopen no termo municipal de Begonte.

Concederase unha única axuda por establecemento por unha contía fixa de 1.000,00 €.

Información do procedemento: 

Documentación Fase Solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo nº 046 do 26/02/2021).

As solicitudes, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte,  utilizando o trámite destacado denominado Axudas Plan de apoio á hostalaría e restauración por peche covid-19, tamén poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte utilizando o Anexo I e II.